A MezquitaIgrexa de San Martiño
Igrexa construída no ano 1712, obra do arquitecto formado en Salamanca e Monforte
de Lemos, Simón de Mosterio, fillo de Juan de Herrera, autor de El Escorial.
Foi declarada Monumento Histórico-Artístico en 1931.
Posúe unha única nave e presenta fachada clásica, inspirada na do Colexio
do Cardeal de Monforte, con portal dórico entre columnas e pilastras que sosteñen
un piso. Sobre o frontón dous fermosos escudos coas armas dos marqueses
da casa de Láncara. O conxunto remátase cunha robusta torre campanario. No
interior hai un interesante retablo barroco (1) articulado en tres rúas e catro corpos
horizontais atribuído ao escultor Xosé Ferreiro. O templo consta dunha nave
de tres tramos rematada nunha ábsida cuadrangular con presbiterio. A portada
principal (2), inspirada nos arcos triunfais da antigüidade, aparece enmarcada por
dous contrafortes laterais e un par de columnas entregas que sosteñen un entablamento
clasicista que combina, baixo un frontón triangular, tríglifos, roseta,
dentículos e cornixa.
Desde o punto de vista estrutural o corpo central da fachada prima o eixe lonxitudinal,
marcado pola sucesión de frontón, cartela e ventá, un deseño equilibrado
e solemne que segue o esquema da portada do Colexio do Cardeal de Monforte.
O conxunto goza dunha solemnidade e un equilibrio propias do pleno renacemento,
un estilo de gusto castellano que adopta con rigor as proporcións clasicistas.
No cruceiro do templo destaca unha bóveda vaída casetonada (3) e o panteón
dos Cadórniga (4), datado a principios do s. XVII, un total de catro nichos dúplices
dos que dous permanecen baleiros. A autoría deste proxecto, inspirado nas tumbas
reais do Escorial e destinado a acoller os restos dos Cadórniga, Sarmiento e
Losada, débese tamén a Simón de Mosterio.