A Igrexa de Nosa Señora da Encarnación é un templo excepcional no ámbito da comarca. O seu altar maior conta cun retablo barroco integramente labrado en granito dividido en tres rúas separadas por columnas de orde dórica. As rúas laterais acollen imaxes de madeira de San Roque (dereita) e Virxe María (esquerda) en cadanseu fornelo apoiadas sobre peaña; remátase nunha cuncha de vieira que recordan aos nervos dunha cúpula ilusoria.