Santigoso
No ano 1506 pernoctou aquí o Cardeal Cisneros, rexente da Coroa de Castela en dúas ocasións, coincidindo coa Vista de Remesal (Sanabria) na que se atoparían Fernando o Católico co seu xenro, Felipe o Fermoso, para dirimir quen debía facerse cargo do goberno de Castela.
O principal monumento de Santigoso é a parroquial do s. XVIII, cun bo retablo barroco datado
en 1784 e uns interesantes altorrelevos figurados no intradorso do arco triunfal: o demo, a serea, floróns…. unha presada de imaxes que representan o pecado e o mal situados no límite entre o mundo terreal (a nave) e o reino de Deus (o presbiterio).