Nesta aldea estivo unha das catorce alfándegas terrestres ou de “porto seco” que chegaron a existir en Galicia desde, cando menos, o século XVI, baixo o reinado de Felipe II. En Cádavos iniciábase un dos “camiños habilitados”, isto é, suxeitos á Facenda Real, que unía que unía a Coroa de España co Reino de Portugal.
A Casa de Ceballos é unha antiga casa señorial levantada en cantaría de dous andares. Loce portalón baixo arco de medio punto e, sobre el, unha pedra armeira flanqueada por dúas portas de aire alongadas e decoradas con molduras.
Pero o brasón máis fermoso localízase nunha casa tradicional situada ao pé do templo, onde se labra un corazón que contén tres faixas de sable horizontais, distintivas da familia de orixe castelá Ceballos.
Na igrexa parroquial podemos gozar cun calvario pintado no altar maior, cun espléndido retablo lateral barroco dourado e tamén coa decoración do intradorso do arco triunfal que separa a nave do presbiterio.
O cádavo é o cañoto do toxo ou uz queimada, de aí o nome da parroquia.