logob

A EsculqueiraMiliario da Xeria


Os miliarios son columnas maiormente cilíndricas que se colocaban no bordo das vías romanas para sinalizar as distancias (de mil pasos ou milla romana, unha distancia duns 1.481 metros) e indicar o trazado das estradas construídas por eles para a explotación comercial ou uso militar.

A maioría dos miliarios presentan uns caracteres descoidados e rústicos, sen preocupación polo estilo. Acostuman ser de granito, cunha base cúbica ou cadrada e medían entre 2 e 4 metros de altura, cun diámetro de entre 50 e 80 centímetros. Os máis importantes presentan inscricións gravadas en baixorrelevo, dependendo da importancia da calzada ou da proximidade ou afastamento de Roma.

O miliario da Xeria formou parte da vía romana existente entre Aquae Flaviae (Chaves) e Asturica-Augusta (Astorga), por Sanabria. A vía pasaba polo Tameirón e continuaba pola Esculqueira para proseguir cara A Vilavella e A Canda en dirección a Lubián e Puebla de Sanabria.