logob

Festa dos Reis


Esta celebración, unha das máis típicas e orixinais do concello, é unha reunión en orixe de homes e, desde hai poucos anos, tamén de mulleres, que durante cinco días comen, beben, cantan, bailan e realizan as celebracións típicas destes días de festa. Os encargados da festa son o Rei e a Raíña, un home unha muller solteiros, e o Virrei e a súa dona, estes casados. Habitualmente a festa ten lugar entre o cinco e o nove de xaneiro. Esta festa está en relación coa festa relixiosa a través das pastoradas, pequenos autos de Nadal que tamén se celebraban nos adros das igrexas das provincias de León, Zamora, Salamanca e Asturias. Un dos emblemas desta festa é o Ramo, un símbolo da fertilidade e a abundancia pagán que preludia a primavera e aparece elaborado a base de roscóns, uvas pasas, figos, galletas, rosquillas, figuras de pan, froitas, etc...