logob

A VilavellaCastro da Cabeciña

Estamos diante dun castro romanizado de pequenas dimensións asentado no cumio dun lombeiro. Está rodeado de terras de boa dispoñibilidade económica, entre o regado da Veiga do Pontón e o regueiro de Santos. Posúe unha croa de pequenas dimensións e forma circular, defendía por un terraplén que remata noutra plataforma que remata, tamén, noutro terraplén de terra. En superficie atopáronse anacos de cerámica común romana e cerámica castrexa.