“Val de extensos castanheiros enlaçado co de Monterrei” disse sobre A Mezquita Ramón Otero Pedrayo; son terras de verdadeira serra e peneplanícies fraturadas com um clima oceânico de montanha, caracterizado por temperaturas medias baixas (5ºC no inverno e 15,5ºC no verán) e a precipitação alta. Por isso o nome do âmbito geográfico no que se sitúa A Mezquita é a Terra das Frieiras, isto é, a terra na que se sente muito frio, unha temperatura á que se adapta bem a frieiresa, unha vaca autóctone em perigo de extinção.
"Está situada en un valle de grandes castañares, y su único núcleo de población, con 430 habitantes, tiene título de villa", escribe da Mezquita Vicente Risco en 1936. "Es un pueblo de estilo aldeano mezclado con casas modernas y dispuesto alrededor de un gran campo que sirve de plaza", acrescentou en referencia ao lugar no que hoje se sitúa a Casa do Concello.